xoves, 9 de maio de 2024

Audio libros do Día do Libro da clase de 4º, 5º e 6º de primaria

Co gallo do Día do Libro o alumnado de 4º, 5º e 6º leronnos algúns dos libros da biblioteca.
Empezamos por Flynn, alumno de 5º de Primaria, que nos le " Guapa!" un libro contra no que se nos amosa que o diferente é o interesante, o que gusta.
Parabéns Flynn!

 
Segundo video do proxecto Audacity. Tjaba lenos " El pirata pata de lata"
Ben por Tjaba!


Aquí tedes a divertida historia de "Soy un niño caníbal" lido por Yano.
Ben feito Yano!
 
 
 
Raúl de 6º lenos "Velliñas" da editorial OQO. Bravo por Raúl!
 
 

 
Esta vez Martín de 4º curso lenos o libro " O día en que a mamá se lle puxo cara de teteira" Ben feito Martín!
 
 

Alejandra lenos coa súa voz melosa e tenra " Carabuñas". Un gusto para os sentidos!
 
 

 
 

 

Día do libro

 Este curso para celebrar o día do libro fixemos unha árbore na que todas as ramas levan libros que nos gustaron e no tronco os autores. Os pequiniños de Infantil nos axudaron a decoralo!  Tamén fixemos unha compra de libros onde o alumnado puido elixir os próximos libros dos nosos andeis. E a clase de Rosalía realizou uns audiolibros moi chulos que compartimos a continuación!

Ciencia á Feira

Volve Ciencia á Feira a biblioteca do noso centro con este obradoiro: "Microrrizas e microinxertos, ferramentas da produción vextal"

Contacontos en holandés!

 Recibir as familias aporta un plus que non podemos transmitir con palabras. A ilusión de recibir os pais e as nais dos compañeir@s respírase polos pasillos. E cando ven a familia holandesa pois aínda mola mais!! Moitísimas grazas por contarnos este conto en holandés e con tradución simultánea! Encantounos!

Obradoiro de pulseiras Kumihimo

 Hoxe veu Nieken aprendernos a facer pulseiras Kumihimo de orixen xaponés. As manualidades teñen o poder de amansar fieras pero neste caso algúns colapsaron con tanto fío... Grazas Nieken!

Día do libro Infantil

 Hoxe celebramos o Día do libro Infantil cun obradoiro de creatividade e debuxo impartido por Silvia e Sebastián que foi moi interesante e divertido!! As risas, a imaxinación e a curiosidade foron as invitadas deste obradoiro!

Día do autismo

 Esta semana celebrouse o Día do autismo e para falar do tema lemos o conto "Por cuatro esquinas se nada". Despois de debatir as posibilidades que tiñan quedou claro que fronte ás diferencias, hai que buscar a maneira para que cada un teña o seu lugar e as mesmas oportunidades. Creo que o mural reflexa o ben que o pasamos!

Contaconto: Uñas de mejillón"

Pasamos unha tarde ben entretida! "Uñas de mejillón" nos deixóu impresionados e despois mentras uns xogaban cos Legos, outros fixemos uns coellos de pascua!

















luns, 11 de marzo de 2024

FORMACIÓN DE USUARI@S

 @s voluntari@ da biblioteca fixeron uns vídeos para descubrir como funciona a biblioteca! 



A biblioteca descentralizada



sábado, 9 de marzo de 2024

8M na biblio

Para celebrar o 8M tivemos dúas actividades na biblioteca. Recibimos a Óscar Losada e @s usuari@s do CAM de Navia.

Foi todo un luxo ter a Oscar Losada na nosa biblioteca e escoitar esas historias que si non as conta él, non chegaríamos a coñecelas. Fútbol, baloncesto, mulleres con historias increíbles e radio son algúns dos temas que tocamos. Onte Óscar Losada presentounos dous libros moi interesantes. A historia de Irene a porteira que é a única muller do mundo porteira nun equipo de homes. Irene viviu en Coruña nos anos 20. E no libro "Retallos do mundo" cóntanos historias sacadas da prensa que non pareces reais... Pero a realidade supera sempre a ficción! Moi recomendables! Tamén nos deixóu varias das súas publicacións. Moitísimas grazas pola visita e o regalo!













Tivemos a gran sorte de poder recibir unha vez máis ao CAM de Navia de Suarna e tivemos unha charla super interesante coas persoas que viñeron visitarnos sobre a repartición de tarefas na súa infancia. Descubrimos familias que a pesar da época tiñan unha certa igualdade entre homes e mulleres debido a diversas situacións familiares. Por suposto houbo historias de mulleres esclavizadas na casa e no medio desas historias resultou que tiñamos entre as invitadas a Maribel, coñecida como a entrenadora!! Pero esta historia a reservamos para máis adiante....

Un millón de grazas por vir 😍