mércores, 21 de febreiro de 2024

Club de lectura de banda deseñada española e galega

 Banda deseñada e galletas??? Totalmente compatibles! Club de lectura adicado a banda deseñada española e galega! Moi divertido

😉

Reto lector para celebrar Día de Rosalía de Castro

Lanzamos novo reto lector para celebrar o día de Rosalía de Castro! Un reto moi doado! Tiñamos que ler algo de Rosalía de Castro e retar 2 persoas para que sigan a cadea. Desta maneira rendimoslle homenaxe a súa obra de unha forma viva e presente. Moitas grazas a tod@s os retad@s tanto por participar e como por esas lecturas tan bonitas. Foi curioso como a maioría elixiu ler en espazos exteriores, quizáis para que Rosalía disfrute da súa Galiza que tanto quería.


Conta conto: Superheroes da escola

 Seguindo coa temática da banda deseñada, lemos un contiño co que descubrimos os nosos super poderes!

Entroido de superheroes!

Este ano o mundo do cómic invadiu o noso entroido! 


Os preparativos foron moi divertidos e temos que dicir que o noso escenario quedou cheo de cor e ben alegre!! 


Empezamos cunha obra de teatro da tropa de Ana "Viva o entroido!" con superheroes ben orixinais que nos recordaron que o máis importante destas festas é non esquecer as tradicións. 

Despois os diferentes grupos realizaron unha coreografía pensada nun cómic:

Desde os confines máis lonxanos chegaron uns pequenos seres azuis moi revoltosos! Les Schtroumpfs coñecidos como os Pitufos foron creado por Peyo en 1958 en Bélxica. Viven no corazón dun bosque imaxinario de Europa nunha época indefinida e pasan os días escapando ao mago Gargamel e o seu gato Azräel! Temos a gran sorte de ter unha pequena representación e como non podía ser de outra maneira no 2024, en vez de unha pitufina temos un montón! 

Deixamos Europa para irnos ata Xapón! O país do manga non defrauda nunca! Desde os 70 o anime transmítese de xeración en xeración. Quizais o máis coñecido é Doraemon, o gato cósmico creado nos anos 70 polo debuxante Hiroshi Fujimoto , coñecido como Fujio Fujiko. En Galicia, Doraemon vén sendo emitido dende a década dos noventa no programa infantil-xuvenil Xabarín Club da Televisión de Galicia. É probablemente un dos mangas máis exitosos da historia. E tivemos a sorte de telos con nós!

Un entroido de banda deseñada sen súper heroes como que non ten moito sentido! Fronte ao poder de voar ou se súper forza hai uns poderes que pasan desapercibidos pero que son os máis importantes de todos! As emocións e os valores son os poderes que todo poden solucionar e nos dan forza ante calquera cousa que se nos presente. E o grupo de Félix o ten ben claro.

Desde o Oeste chega o Lucky Luke, unha historieta belga de Morris creada en 1946. Rinde tributo ao mítico vaqueiro do oeste que loita contra o crime e a inxustiza, axudando as caravanas dos pioneiros. Sempre vai acompañado do seu cabalo Jolly Jumper, o cabalo máis intelixente do mundo! Sempre acode en axuda de Lucky Luke cando é secuestrado ou encarcerado polos seus inimigos. Lucky e Jolly mestúranse perfectamente: de feito, o cabalo entende o que di o xinete e normalmente fai comentarios sarcásticos. E deso saben moito os nosos maiores! 




San Valentin

 Pero que bonito é o amooooor!