Amosando publicacións coa etiqueta voluntari@s. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta voluntari@s. Amosar todas as publicacións

martes, 9 de xuño de 2026

Navia fashion!

Os voluntarios da biblio estiveron argallando un vestido super chulo para que a profe Conchi dera as campanadas!! Pasaron un montón de recreos facendo pompóns e cosendo! Pero quedou ben chulo!! 



 

venres, 7 de novembro de 2025

Voluntari@s en acción!

Xa temos voluntari@s na biblio!

Este ano temos un equipo de voluntari@s cheos de ganas. Todo empezou cun anuncio...


e moi pronto nos vimos desbordados pola resposta! Así que tivemos que poñer un pouco de orde e organizalo de maneira lóxica... Os de 5ºEP e 6º EP son os responsables dos equipos que se organizan. Temos varios equipos: 

  • o equipo da radio que vai participar moi activamente no proxecto competencial dos maiores.

  • o equipo de lectura "hora do conto" que vai ler contos aos de Infantil, tanto na aula como no recreo.
  • O equipo de lectura aos avós: este equipo vai facer unha visita a residencia.
  • O equipo da decoración que vai adornar a biblio para cada ocasión
  • O equipo do orde que vai ter a tarefa moi moi complicada de manter un mínimo de orde na biblio!
  • O equipo de préstamos e devolucións que vai estar a cargo dos máis maiores.

mércores, 28 de xuño de 2023

Voluntarias de primaria en acción!

As nenas de primaria organizaron unha actividade moi chula para os peques de Infantil e para Adrián da Casa Niño que veu visitar o centro. Formamos pequenos grupos e as nenas e os nenos decidiron que conto querían escoitar.