Tivemos a sorte de ter Branca Villares co seu obradoiro sobre Igualdade. Tomamos conciencia do perigo que esconden as letras das nosas cancións tradicionais. A igualdade pasa polo respeto e por a toma de conciencia dos nosos corpos e de poñer limites aos abusos. Un pracer recibila grazas a subdelegada do goberno Olimpia López.
venres, 7 de novembro de 2025
domingo, 26 de novembro de 2023
Contaconto: O chuvasqueiro de Aurora
Hoxe traballamos o conto "O chuvasqueiro de Aurora" cheo de sensibilidade con moito agarimo. Reflexionamos e compartimos sensacións.
1º premio audiovisual do concurso contra a Violencia de Xénero para Nerea Otero Gómez
Recibir un premio sempre fai ilusión, que o reciba Nerea aínda máis porque xa vemos nela a muller comprometida e loitadora que vai ser. Pero o premio real é que poidamos darlle voz as mulleres vítimas de violencia no rural. Foi a ocasión de recalcar a falta de un CIM, un centro de información da muller, na montaña lucense. Sen ter que desprazarse ata Lugo para informarse ou pedir axuda. Non pode ser que no 2023 non teñamos un sistema discreto que se poidan desprazar ata os concellos por petición dunha muller. As bibliotecas tamén serven para isto!
Compartimos o discurso de Nerea e o dado pola profesora acompañante. Premede na imaxe se queredes ampliar.
Tamén queremos felicitar o traballo realizado polo alumnado da ESO en colaboración coa biblioteca que trasladou a historia de Pepe e Pepa a un formato de banda deseñada! Deu moito traballo facelo pero quedoulles superchulo!
xoves, 8 de xuño de 2023
25N
Este ano o 25N foi dedicado de unha forma especial a todas as mulleres asesinadas. A biblioteca participou activamente na elaboración dos videos que se realizaron.
Como do cartel que fixemos para a entrada:
























