sábado, 25 de febreiro de 2023

"Tour du monde en 80 jours"

Dentro do noso proxecto da volta ao mundo, o alumnado de francés foi ver unha obra de teatro que retomaba a obra "Volta ao mundoen 80 días" de Jules Vernes pero desde a óptica de Nellie Bly!



Pero quen é esta muller??
Nellie Bly deu a volta ao mundo en 72 días, 6 horas e 11 minutos. Foi ela a que lle propuxo ao seu editor do New York World emular o conseguido polos personaxes de Verne na ficción. Cun pequeno bolso de man como equipaxe, Nellie partiu o 14 de novembro de 1889 desde New Jersey rumbo a Inglaterra.







venres, 24 de febreiro de 2023

MY AUSTRALIAN BOOMERANG

Seguindo coa temática do cuatrimestre sobre Oceanía investigamos sobre a cultura aborixe, as súas formas de cazar e representacións artísticas e aunamos todo isto nunha creación destes bonitos boomerangs que decoramos coa técnica habitual empregada polos pobos nativos.

O AVÓ TEO

xoves, 23 de febreiro de 2023

OS NOSOS CONTOS ABORIXES

Unhas das actividades relacionadas con Oceanía que fixemos en E.Primaria foi inventar contos cunhas pedras con símbolos maoríes que sacabamos dunha bolsa. Esperemos que vos gusten

martes, 21 de febreiro de 2023

Fauna en Oceanía

Desde o departamento de Matemáticas e Ciencias da ESO abordamos o estudo da fauna no continente oceánico. 
Tratamos de formulalo coma un traballo colaborativo entre todos os niveis da ESO de xeito que un nivel traballase sobre o pescudado no anterior. 

Comezamos cos alumnos de cuarto da ESO que fixeron un glosario de animais que habitan en Oceanía, percorrendo a fauna de cada unha das illas. Nese glosario aparece unha imaxe do animal e algunha das súas principais características como o tipo de reprodución e base da súa alimentación.


Continuamos cos alumnos de terceiro que, de entre as especies atopadas polos seus compañeiros, analizaron cales de elas se atopaban en perigo de extinción. Unha vez rematado este traballo de investigación, os dous grupos expuxeron os seus achados ós alumnos de primeiro. Con este último grupo fixemos un traballo de investigación dividido en catro apartados: 
  • No primeiro centrámonos no koala e o canguro, na peculiaridade da súa orixe en China fai 125 millóns de anos e a súa migración a Oceanía. Escribimos as cifras que nos aparecían na investigación en notación cientítica e razoamos como foi posible esa migración.
  • No segundo traballomos o kiwi. Buscamos a incrible proporción que ten un ovo en relación coa súa nai e calculamos cantos ovos de galiña equivalen a un de kiwi. Finalmente, para facermos unha idea de esta situación calculamos o peso que tería unha mamá humana que pare un bebé de 3 kg.
  • No terceiro investigamos o ornitorrinco e a súa particularidade de ser mamífero e ovíparo. Deste animal aproveitamos un estudo de ADN feito desde o seu nacemento ata a súa morte e fixemos unha liña temporal coa idade do ornitorrinco en cada mostra.
  • Finalmente, de entre os animais en perigo de extinción, buscamos as razóns polas que ameazamos a súa existencia e rematamos cunha listaxe de medidas que podemos adoptar os humanos para limitar a súa extinción. 
Desde primaria completaron o noso traballo cun precioso mural con fotografías da fauna deste apaixonante continente. 













Obras na biblioteca e expurgo vento en popa (2)









E mentras andaba navegando entre charlas, no centro seguiron co tema do expurgo. Nunca pensamos que unha palabra podía esconder tanto traballo!! Xa queda menos.

Pequenos detalles





 
Aquí participou todoooo o mundo! 
 
🥵


 

xoves, 2 de febreiro de 2023

A PAZ ABORIXE

Para celebrar o Día da Paz pensamos en facer referencia á palabra usada polos aborixes. Utilizamos a imaxe dun dos pinguínos que están en perigo de extinción e escribimos os nosos mellores desexos para o ano vindeiro