Amosando publicacións coa etiqueta invitad@s. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta invitad@s. Amosar todas as publicacións

sábado, 9 de marzo de 2024

8M na biblio: Óscar Losada presentación do libro "Irène a porteita" e recibimos o CAM

Para celebrar o 8M tivemos dúas actividades na biblioteca. Recibimos a Óscar Losada e @s usuari@s do CAM de Navia.

Foi todo un luxo ter a Oscar Losada na nosa biblioteca e escoitar esas historias que si non as conta él, non chegaríamos a coñecelas. Fútbol, baloncesto, mulleres con historias increíbles e radio son algúns dos temas que tocamos. Onte Óscar Losada presentounos dous libros moi interesantes. A historia de Irene a porteira que é a única muller do mundo porteira nun equipo de homes. Irene viviu en Coruña nos anos 20. E no libro "Retallos do mundo" cóntanos historias sacadas da prensa que non pareces reais... Pero a realidade supera sempre a ficción! Moi recomendables! Tamén nos deixóu varias das súas publicacións. Moitísimas grazas pola visita e o regalo!













Tivemos a gran sorte de poder recibir unha vez máis ao CAM de Navia de Suarna e tivemos unha charla super interesante coas persoas que viñeron visitarnos sobre a repartición de tarefas na súa infancia. Descubrimos familias que a pesar da época tiñan unha certa igualdade entre homes e mulleres debido a diversas situacións familiares. Por suposto houbo historias de mulleres esclavizadas na casa e no medio desas historias resultou que tiñamos entre as invitadas a Maribel, coñecida como a entrenadora!! Pero esta historia a reservamos para máis adiante....

Un millón de grazas por vir 😍










luns, 24 de abril de 2023

Bicheando

O mes de abril foi dedicado a investigar ao mundo dos bichos, pequenos, grandes, medianos.... 

O alumnado de 1º e 2º de primaria realizou unha enquisa no noso centro para ver canto sabiamos de esos pequenos ou non tan pequenos bichos que conviven connosco! 

Neste enlace podedes ver a enquisa: 



O alumnado de 3º, 4º e 5º de primaria investigou todas esas preguntas para comprobar as respostas dadas na enquisa e podemos ver aquí o resultado!! Moito traballaron! 




E para rematar tivemos unha visita moi moi interesante e curiosa! Veu visitarnos Miguel e todos os seus amiguiños que algún parecía sacado dunha película! Moi valentes foron os peques do cole porque entre maiores tivemos máis dun susto!