Amosando publicacións coa etiqueta mascota. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta mascota. Amosar todas as publicacións

domingo, 2 de xullo de 2023

Xa temos mascota!!

Fai uns meses empezamos a búsqueda dunha mascota para a nosa biblioteca. Tivemos varias propostas, desde cans unicornios pasando por formigas ata unha vaca. Non fai falta dicir que a vaca triunfou. Pero non calquera! Tiña que ser rubia, do país, nada de ter unha vaca pinta de mascota. 

O segundo paso foi deseñala e aí xa custou algo máis, así que buscamos axuda e descubrimos unha colaboradora super discreta pero moi entregada a causa, Nancy Rivera Muñoz,  que non dubidou e poñerse man a obra. Pouco a pouco foise perfilando a nosa mascota e cando presentei o seu deseño quedou claro que molaba moito. Xa tiñamos a nosa mascota, só faltaba poñerlle un nome! 











A nosa mascota necesitou axuda porque non dabamos chegado a un acordo e como somos tan pouquiños... Así que colgamos as propostas no Facebook e no Instagram: Teixa, Marela, Ancarina, Lola, Rubia, Ratina, Tina, Linda, Estrela e Parda. O rematar a semana fixemos reconto do votado polo alumnado + profesorado + seguidores e chegamos a un empate entre Tina e Ancarina.

                                             

Vendo o lado roqueiro da vaquiña decidimos facer unha combinación dos dous nomes e quedou bautizada co nome de TINA A ANCARESA. Encántanos! Tanto o nome como a nosa mascota!

xoves, 8 de xuño de 2023

Xa temos mascota!

Fai unhas semanas empezamos coa búsqueda dunha mascota nova para a biblioteca. Tiñamos claro que por maioría tiña que ser unha vaca! Pero non calquera. Tiña que ser do país! Rubia galega si ou si. Así que lle pedimos a Nancy un posible diseño. Aquí a temos traballando e buscando un diseño. Despois de varias voltas e variacións temos por fin unha vaquiña ben molona que pasou cun aprobado alto o filtro dos máis críticos! Agora queda buscarlle un nome...