Amosando publicacións coa etiqueta plásticaprimaria. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta plásticaprimaria. Amosar todas as publicacións

venres, 24 de febreiro de 2023

MY AUSTRALIAN BOOMERANG

Seguindo coa temática do cuatrimestre sobre Oceanía investigamos sobre a cultura aborixe, as súas formas de cazar e representacións artísticas e aunamos todo isto nunha creación destes bonitos boomerangs que decoramos coa técnica habitual empregada polos pobos nativos.

xoves, 2 de febreiro de 2023

A PAZ ABORIXE

Para celebrar o Día da Paz pensamos en facer referencia á palabra usada polos aborixes. Utilizamos a imaxe dun dos pinguínos que están en perigo de extinción e escribimos os nosos mellores desexos para o ano vindeiro

mércores, 18 de xaneiro de 2023

MAPAS DO MUNDO

- Para coñecer con máis exactitude a realidade do continente de Oceanía, fixemos un mapa no que se vían os diferentes países e ademais algunhas das cidades máis importantes. Algún tempo máis tarde pegamos  fotos dos lugares máis enblemáticos

venres, 16 de decembro de 2022

MERRY AUSTRALIAN CHRISTMAS

 Para continuar co proxecto deste cuatrimestre decidemos decorar o centro cun Nadal especial, o Nadal australiano na praia. Aquí vos explicamos como foi o proceso