Amosando publicacións coa etiqueta Día do libro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día do libro. Amosar todas as publicacións

xoves, 9 de maio de 2024

Audio libros do Día do Libro da clase de 4º, 5º e 6º de primaria

Co gallo do Día do Libro o alumnado de 4º, 5º e 6º leronnos algúns dos libros da biblioteca.
Empezamos por Flynn, alumno de 5º de Primaria, que nos le " Guapa!" un libro contra no que se nos amosa que o diferente é o interesante, o que gusta.
Parabéns Flynn!

 
Segundo video do proxecto Audacity. Tjaba lenos " El pirata pata de lata"
Ben por Tjaba!


Aquí tedes a divertida historia de "Soy un niño caníbal" lido por Yano.
Ben feito Yano!
 
 
 
Raúl de 6º lenos "Velliñas" da editorial OQO. Bravo por Raúl!
 
 

 
Esta vez Martín de 4º curso lenos o libro " O día en que a mamá se lle puxo cara de teteira" Ben feito Martín!
 
 

Alejandra lenos coa súa voz melosa e tenra " Carabuñas". Un gusto para os sentidos!
 
 

 
Chega outra entrega do proxecto Audacity!  Víctor, de 5º de Primaria, lenos "3,2,1" de edicións Embora.  Ben feito, Víctor!
 
 

E voltamos con outro conto do proxecto de Audacity. Neste caso é Lucas de 4º de Primaria quen nos le " O segredo do rei Curro". Agardamos que vos guste!




 

Día do libro: a árbore dos nosos libros e transformamos a sala de profes en librería!

Este curso para celebrar o día do libro fixemos unha árbore na que todas as ramas levan libros que nos gustaron e no tronco os autores. Os pequiniños de Infantil nos axudaron a decoralo!  


















Que mellor forma de celebrar a semana do libro que mercando libros!! Que divertido e bonito é velos rebuscando e elixindo as próximas lecturas!















E a clase de Rosalía realizou uns audiolibros moi chulos que compartimos a continuación noutra entrada!


Día do libro Infantil: obradoiro de creatividade e debuxo con Silvia e Sebastián

Hoxe celebramos o Día do libro Infantil cun obradoiro de creatividade e debuxo impartido por Silvia e Sebastián que foi moi interesante e divertido!! As risas, a imaxinación e a curiosidade foron as invitadas deste obradoiro!