Este ano dedicamos o Club de lectura a unhas adaptacións das obras de Jules Verne que foron todo un descubrimento! Deulles autonomía porque por primeira vez xuntábanse para ler como os maiores e ademais deron moito xogo porque foron moi interesantes e lles despertaba a imaxinación cunhas historias extraordinarias!
venres, 3 de xullo de 2026
martes, 30 de xuño de 2026
Audio libros
Como non podía ser doutra maneira o Club de lectura dos maiores quixo realizar algo co tema de "Argallando con fíos" e realizou un audiolibro do álbum ilustrado centrado na celebración das relacións sociais. Explora de xeito poético eses fíos máxicos que non vemos pero que nos conectan con aquelas persoas coas que rimos, xogamos, compartimos bos momentos e aprendemos a lectura en formato audiolibro do libro Os fíos invisibles de Montse Torrents.
Tamén pedimos a colaborción de Conchi e Kiko e realizaron unhas versións moi bonitas dos contos:
- La colcha de los recuerdos de Desirée Acevedo que conta unha historia preciosa onde xeración tras xeración, as mulleres dunha familia vai tecendo unha manta conxunta. Deixan bordada a súa esencia facendo da manta unha obra de arte única.
- Mariña de Isabel Somoza. Mariña ulía a casa vella, a madeira noble, a terciopelo.Mariña tiña o corazón do seu avó, a alma da súa nai e a sorna do seu pai". Así comenza esta historia, un conto dedicado a todos aqueles que, de cando en vez, vuelven con morriña aos recordos da nenez. ...
martes, 9 de xuño de 2026
Obradoiro con Ana: a colcha colectiva que nos da sombra
Rematamos este curso cunha actividade ben útil para o noso centro! Fixemos unha colcha colectiva para darnos sombra na zona de Infantil! Ana de Troita de Pé trouxo as súas máquinas e arrancamos a facer esa colcha! E os máis pequeniños fixeron uns monstros moi chulos!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
.jpg)






.jpg)















































