Amosando publicacións coa etiqueta Teatro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Teatro. Amosar todas as publicacións

domingo, 26 de novembro de 2023

Noite de defuntos en Navia!

Zombies, arbores, bruxas, lobos e esqueletos andan a facer das súas por Navia!!

Noite de defuntos en Navia foi feita con moito agarimo por Ana e coa participación de todo o alumnado de primaria. Parabéns a tod@s por participar e as familias por vir. 


















e coa participación de todo o alumnado de primaria. Parabéns a tod@s por participar e as familias por vir. 



 

domingo, 2 de xullo de 2023

Fin de curso adicado ao teatro!

A reunión de marzo tivo un obxectivo ben claro: repetir a experiencia do teatro! Despois do éxito de Daniela Pirata quixemos seguir coa aventura do teatro e realizamos unha adaptación da obra "A consulta da doutora". Eliximos unha obra moi divertida e próxima. Empezamos coas primeiras lecturas e adaptacións.





E como non, o profesorado contaxiouse e decidimos facer algo tamén pola nosa conta co alumnado da ESO. Antonio, o profesor de galego, escribiu unha obra moi chula facendo un repaso dos autores das Letras Galegas. Houbo moitas risas en ámbolos grupos! 


















Un Club adicado ao teatro? Unha utopía ou unha realidade?

Como xa volo contamos na páxina do Club O Semilleiro das Follas Bracas, ao empezar o mes de xaneiro estivemos pensando no seguinte Club de lectura e de repente tivemos unha idea un pouco loca... E si facíamos unha obra de teatro de cara ao entroido? Estivemos buscando unha obra curta e divertida, pensando en que o noso club está formado por nenos de diferentes idades pero non demos atopado nada que nos convencera. Pero despois de pensalo tivemos coma unha revelación! E si facíamos unha adaptación do libro "Daniela Pirata"?  Ana púxose a escribir un guión que fomos transformando ao longo dos ensaios e así arrancou unha aventura moi fermosa no que aprendemos a responsabilizarnos (no medio dos ensaios, media tripulación abandonou a obra), a controlar os nosos nervios, a realizar un decorado rebuscando e imaxinando como ía ser e sobre todo a ser compañeiros. 

Non podemos estar máis orgullosas do resultado e do valente que foi a tropa máis pirata de Navia! 

Daniela Pirata: obra de teatro





E chegou o día da representación! Éxitazo do equipo dos piratas!! Parabéns a tod@s!!