Este ano a biblioteca participou no VI Concurso de Podcasts - Radio na Biblio en colaboración coa Radio Galega (CRTVG). Non houbo sorte pero pasamolo moi ben realizando os dous traballos presentados. Os podcasts tiñan que ser sobre Luísa Villalta. Podía ser sobre a súa biografía, poemas,...
Presentamos un traballo coas nenas de 3º de primaria onde a pequena Luísa imaxinaba como era o seu futuro mentras xogaba coa súa amiga Valentina.

























