martes, 21 de febreiro de 2023

Fauna en Oceanía

Desde o departamento de Matemáticas e Ciencias da ESO abordamos o estudo da fauna no continente oceánico. 
Tratamos de formulalo coma un traballo colaborativo entre todos os niveis da ESO de xeito que un nivel traballase sobre o pescudado no anterior. 

Comezamos cos alumnos de cuarto da ESO que fixeron un glosario de animais que habitan en Oceanía, percorrendo a fauna de cada unha das illas. Nese glosario aparece unha imaxe do animal e algunha das súas principais características como o tipo de reprodución e base da súa alimentación.


Continuamos cos alumnos de terceiro que, de entre as especies atopadas polos seus compañeiros, analizaron cales de elas se atopaban en perigo de extinción. Unha vez rematado este traballo de investigación, os dous grupos expuxeron os seus achados ós alumnos de primeiro. Con este último grupo fixemos un traballo de investigación dividido en catro apartados: 
  • No primeiro centrámonos no koala e o canguro, na peculiaridade da súa orixe en China fai 125 millóns de anos e a súa migración a Oceanía. Escribimos as cifras que nos aparecían na investigación en notación cientítica e razoamos como foi posible esa migración.
  • No segundo traballomos o kiwi. Buscamos a incrible proporción que ten un ovo en relación coa súa nai e calculamos cantos ovos de galiña equivalen a un de kiwi. Finalmente, para facermos unha idea de esta situación calculamos o peso que tería unha mamá humana que pare un bebé de 3 kg.
  • No terceiro investigamos o ornitorrinco e a súa particularidade de ser mamífero e ovíparo. Deste animal aproveitamos un estudo de ADN feito desde o seu nacemento ata a súa morte e fixemos unha liña temporal coa idade do ornitorrinco en cada mostra.
  • Finalmente, de entre os animais en perigo de extinción, buscamos as razóns polas que ameazamos a súa existencia e rematamos cunha listaxe de medidas que podemos adoptar os humanos para limitar a súa extinción. 
Desde primaria completaron o noso traballo cun precioso mural con fotografías da fauna deste apaixonante continente. 













Ningún comentario:

Publicar un comentario