Rematamos este curso cunha actividade ben útil para o noso centro! Fixemos unha colcha colectiva para darnos sombra na zona de Infantil! Ana de Troita de Pé trouxo as súas máquinas e arrancamos a facer esa colcha!
martes, 9 de xuño de 2026
Obradoiro de Pilu: mochilas recicladas
Volveu Pilu cunha proposta moi interesante: facer mochilas a partir de camisas e pantalóns recicladas. Foron varias xornadas onde as palabras patrón, asentar, coser se repetiron moito... case tanto como "Piluuuuuuuuu" e "onde están os alfileres?". Unha vez máis grazas Pilu por ensinarnos tanto e sempre coa sonrisa!
Navia fashion!
Os voluntarios da biblio estiveron argallando un vestido super chulo para que a profe Conchi dera as campanadas!! Pasaron un montón de recreos facendo pompóns e cosendo! Pero quedou ben chulo!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





































