Amosando publicacións coa etiqueta Letras galegas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Letras galegas. Amosar todas as publicacións

venres, 17 de maio de 2024

VI Concurso podcasta

Este ano a biblioteca participou no VI Concurso de Podcasts - Radio na Biblio en colaboración coa Radio Galega (CRTVG). Non houbo sorte pero pasamolo moi ben realizando os dous traballos presentados. Os podcasts tiñan que ser sobre Luísa Villalta. Podía ser sobre a súa biografía, poemas,...

Presentamos un traballo coas nenas de 3º de primaria onde a pequena Luísa imaxinaba como era o seu futuro mentras xogaba coa súa amiga Valentina.



Tamén participaron Nerea, Dani e Xavi. Non houbo sorte no concurso pero compartimos este traballo que foi bastante complexo de realizar pola cantidade de imaxes e sonidos xuntados. A idea era facer unha biografía sonora da súa vida. Feliz Día das Letras Galegas!



Letras galegas 2024: Luísa Villalta: Break out e Estefanía Padullés

 Para celebrar o Día das Letras Galegas tivemos varias actividades: 

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega realizou un Break out onde o alumnado de primaria e secundaria tiña que conseguir salvar a Luísa Villalta que estaba atrapada! 
















Mentras os equipos realizaban o xogo de Luísa, recibimos a ilustradora Estefanía Padullés.







Primeiro co alumnado de Infantil onde realizaron un conto sobre a marcha e despois cun obradoiro de ilustración basado en Luísa Villalta. Foi moi interesante ver cómo da nada surxian debuxos que ían collendo forma! Os maiores fixeron as suas versións persoais de Luísa Villalta. Moitísimas grazas Estefanía por vir visitarnos!