FLORA GALEGA ORIXINARIA DE OCEANÍA
Desde o departamento de Lingua Galega e Literatura fixemos un estudo de tres árbores ou plantas moi comúns a día de hoxe na flora galega, o eucalipto, o kiwi e a acacia, pero que teñen a súa orixe no continente oceánico.
Os alumnos de 4º da ESO fixeron un estudo sobre o eucalipto, desde a súa orixe en Oceanía, a súa chegada a Galicia a mediados do século XIX, o tamaño que pode chegar a alcanzar os 90 metros, o auxe industrial do que goza coa produción de pasta de celulosa para a industria do papel, as súas propiedades curativas, (especialmente para as conxestións nasais, infeccións na garganta, tos, arrefriados...) ou o seu impacto ambiental e a acidificación do solo que produce.
Os alumnos de 3º da ESO estudaron o kiwi, desde a súa orixe en Nova Zelandia ata a primeira plantación en solo galego, concretamente no concello do Porriño a mediados da década dos 70 e a súa posterior expansión por todo o territorio galego ata o punto de ser, a día de hoxe, a comunidade que máis kiwi exporta do estado español. Tamén se trataron as súas propiedades nutricionais e saudables.
Por último, os alumnos de 1º da ESO fixeron un estudo sobre a acacia, a súa orixe en Oceanía, onde son parte dominante da vexetación, investigamos tamén os máis de 1000 tipos de acacias existentes. As súas propiedades curativas, especialmente das enfermidades dixestivas, o uso que se lle daba á súa madeira, chegando a empregarse para a construción de embarcacións, estatuas e mobles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario