venres, 17 de maio de 2024

Contacontos en familia: Elmer e Lorena

 Elmer + un familiar é unha combinación que triunfa sempre! Moitas grazas Lorena por vir compartir este ratiño!!

😍😍


















A noiva do contenedor amarelo! Día da reciclaxe


E como prometido a noiva do contenedor de papel apareceu para o Día da Reciclaxe e sorprendeunos cun xiro na historia! Chegou moi contenta porque todo o cole reciclou un montón de papel pero tamén moi enfadada con ese noivo que non a tratou ben e decidiu coñecer ao contenedor amarelo. E resulta que é moito mais divertido! Así que decidiu casar con el! E como regalo de noiva quere unha papelera chea de plástico que vira buscar o último día de clase! 








 

VI Concurso podcasta

Este ano a biblioteca participou no VI Concurso de Podcasts - Radio na Biblio en colaboración coa Radio Galega (CRTVG). Non houbo sorte pero pasamolo moi ben realizando os dous traballos presentados. Os podcasts tiñan que ser sobre Luísa Villalta. Podía ser sobre a súa biografía, poemas,...

Presentamos un traballo coas nenas de 3º de primaria onde a pequena Luísa imaxinaba como era o seu futuro mentras xogaba coa súa amiga Valentina.



Tamén participaron Nerea, Dani e Xavi. Non houbo sorte no concurso pero compartimos este traballo que foi bastante complexo de realizar pola cantidade de imaxes e sonidos xuntados. A idea era facer unha biografía sonora da súa vida. Feliz Día das Letras Galegas!



Letras galegas 2024: Luísa Villalta: Break out e Estefanía Padullés

 Para celebrar o Día das Letras Galegas tivemos varias actividades: 

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega realizou un Break out onde o alumnado de primaria e secundaria tiña que conseguir salvar a Luísa Villalta que estaba atrapada! 
















Mentras os equipos realizaban o xogo de Luísa, recibimos a ilustradora Estefanía Padullés.







Primeiro co alumnado de Infantil onde realizaron un conto sobre a marcha e despois cun obradoiro de ilustración basado en Luísa Villalta. Foi moi interesante ver cómo da nada surxian debuxos que ían collendo forma! Os maiores fixeron as suas versións persoais de Luísa Villalta. Moitísimas grazas Estefanía por vir visitarnos!