venres, 17 de maio de 2024

VI Concurso podcasta

Este ano a biblioteca participou no VI Concurso de Podcasts - Radio na Biblio en colaboración coa Radio Galega (CRTVG). Non houbo sorte pero pasamolo moi ben realizando os dous traballos presentados. Os podcasts tiñan que ser sobre Luísa Villalta. Podía ser sobre a súa biografía, poemas,...

Presentamos un traballo coas nenas de 3º de primaria onde a pequena Luísa imaxinaba como era o seu futuro mentras xogaba coa súa amiga Valentina.



Tamén participaron Nerea, Dani e Xavi. Non houbo sorte no concurso pero compartimos este traballo que foi bastante complexo de realizar pola cantidade de imaxes e sonidos xuntados. A idea era facer unha biografía sonora da súa vida. Feliz Día das Letras Galegas!



Ningún comentario:

Publicar un comentario