xoves, 20 de xuño de 2024

Sendiñela 2024

 

Este curso a Sendiñela só podía ir adicada a banda deseñada! Disfrutade da lectura! 

 sendiñela 2024


Entrevista de Nerea a Olaia Maneiro das Tanxugueiras

Esta aventura empezou coa visita de Óscar Losada, despois da súa visita estivo falando un rato con Nerea e comentaron o tema de unha posible radio na biblioteca e a quen lle gustaría entrevistar. A conversa foi máis ou menos así:

Óscar: si puideras entrevistar alguén sería a...

Nerea: Ás Tanxugueiras!

Óscar: De verdade?

Nerea: Si

Óscar: Pois iso creo que entra nas miñas cordas... Vou facer algunha chamada e imos vendo...

Pasaron os meses e aquí tedes o resultado! Temos que dicir que Nerea emocionouse un montón pero valeu a pena!!

 

 

Contos na oscuridade

 Sabela e a súa maleta máxica...Hoxe viñeron visitarnos os nenos da Casa Niño e escoitamos 2 historias na oscuridade...







 

xoves, 6 de xuño de 2024

Club de lectura de banda deseñada americana e francófona

Hoxe realizamos o último club de lectura adicado a Banda deseñada francófona e americana. Somos conscientes que o fin de curso non axudou moito, pero cursiosamente estos cómics non gustaron tanto como os anteriores. 
Para rematar fixemos un almorzo saúdable que sempre é un acerto! Para o vindeiro curso teremos que pensar en darlle unha volta xa que este ano o fixemos conxuntamente co alumnado da ESO. 

  














martes, 4 de xuño de 2024