Esta aventura empezou coa visita de Óscar Losada, despois da súa visita estivo falando un rato con Nerea e comentaron o tema de unha posible radio na biblioteca e a quen lle gustaría entrevistar. A conversa foi máis ou menos así:
Óscar: si puideras entrevistar alguén sería a...
Nerea: Ás Tanxugueiras!
Óscar: De verdade?
Nerea: Si
Óscar: Pois iso creo que entra nas miñas cordas... Vou facer algunha chamada e imos vendo...
Pasaron os meses e aquí tedes o resultado! Temos que dicir que Nerea emocionouse un montón pero valeu a pena!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario