martes, 18 de novembro de 2025

mércores, 12 de novembro de 2025

Día das Linguas Europeas

Este curso tivemos unha idea moi curiosa... viaxamos por Europa para aprender idiomas!! Si, si! Tal como volo contamos! E sabedes que? Temos a proba disto, xa que mandamos postais ao cole de todos os sitios onde fomos!! 


Concerto didáctico: A evolución dos instrumentos tradicionais

Grazas a Area de cultura da Deputación tivemos a sorte de recibir Rosa e Pablo e o seu obradoiro sobre a evolución dos instrumentos tradicionais. Foi moi didáctico e interesante! Disfrutamos tod@s de esta actividade!! 





































 

venres, 7 de novembro de 2025

Obradoiro de Iguadade con Branca Villares

Tivemos a sorte de ter Branca Villares co seu obradoiro sobre Igualdade. Tomamos conciencia do perigo que esconden as letras das nosas cancións tradicionais. A igualdade pasa polo respeto e por a toma de conciencia dos nosos corpos e de poñer limites aos abusos. Un pracer recibila grazas a subdelegada do goberno Olimpia López. 


Tecendo no patio

Exposición "Argallando con fíos"

Rebuscando nas nosas casas, atopamos verdadeiros tesouros! Arrancou unha exposición preciosa a que todo o mundo está convidado a vir ver e participar nela! 

Voluntari@s en acción!

Xa temos voluntari@s na biblio!

Este ano temos un equipo de voluntari@s cheos de ganas. Todo empezou cun anuncio...


e moi pronto nos vimos desbordados pola resposta! Así que tivemos que poñer un pouco de orde e organizalo de maneira lóxica... Os de 5ºEP e 6º EP son os responsables dos equipos que se organizan. Temos varios equipos: 

  • o equipo da radio que vai participar moi activamente no proxecto competencial dos maiores.

  • o equipo de lectura "hora do conto" que vai ler contos aos de Infantil, tanto na aula como no recreo.
  • O equipo de lectura aos avós: este equipo vai facer unha visita a residencia.
  • O equipo da decoración que vai adornar a biblio para cada ocasión
  • O equipo do orde que vai ter a tarefa moi moi complicada de manter un mínimo de orde na biblio!
  • O equipo de préstamos e devolucións que vai estar a cargo dos máis maiores.

O 2025-2026 vai de fíos!

 Empezamos un novo proxecto! 

De todas as ideas que pasaron pola nosa mente, a de argallar con fíos pareceunos a máis acertada. O nome foi elixido polo noso alumnado e a verdade que nos pega moito! Pero que se esconde detrás deste nome? Pois as ganas de volver a conectar con uns oficios que sempre foron infravalorados: as costureiras e as tecedoras. Todos temos o recordo nas nosas retinas, das mulleres cosendo ou tecendo roupa para toda a familia. Unha tarefa máis das múltiples que facían. Que mellor maneira de renderlles unha homenaxe que darnos conta de todo o esforzo que hai detrás. Así que este curso imos xogar cos fíos: costura, la, macramé, arte con fíos e un montón de ideas que iran surxindo pouco a pouco! E a primeira cousa vai ser unha exposición con cousas de toda a comunidade educativa. 

Arrancamos este proxecto que seguro vai ser máxico.