Empezamos un novo proxecto!
De todas as ideas que pasaron pola nosa mente, a de argallar con fíos pareceunos a máis acertada. O nome foi elixido polo noso alumnado e a verdade que nos pega moito! Pero que se esconde detrás deste nome? Pois as ganas de volver a conectar con uns oficios que sempre foron infravalorados: as costureiras e as tecedoras. Todos temos o recordo nas nosas retinas, das mulleres cosendo ou tecendo roupa para toda a familia. Unha tarefa máis das múltiples que facían. Que mellor maneira de renderlles unha homenaxe que darnos conta de todo o esforzo que hai detrás. Así que este curso imos xogar cos fíos: costura, la, macramé, arte con fíos e un montón de ideas que iran surxindo pouco a pouco! E a primeira cousa vai ser unha exposición con cousas de toda a comunidade educativa.
Arrancamos este proxecto que seguro vai ser máxico.

.png)
Ningún comentario:
Publicar un comentario