xoves, 9 de maio de 2024

Día do libro: a árbore dos nosos libros e transformamos a sala de profes en librería!

Este curso para celebrar o día do libro fixemos unha árbore na que todas as ramas levan libros que nos gustaron e no tronco os autores. Os pequiniños de Infantil nos axudaron a decoralo!  


















Que mellor forma de celebrar a semana do libro que mercando libros!! Que divertido e bonito é velos rebuscando e elixindo as próximas lecturas!















E a clase de Rosalía realizou uns audiolibros moi chulos que compartimos a continuación noutra entrada!


Ciencia á Feira

Este curso tivemos a sorte de participar no programa Ciencia a Feira e vivimos uns momentos moi interesantes con 3 charlas: 

1) Enfermidades da carracha

2) O ciclo da auga

3) Microrrizas e microinxertos, ferramentas da produción vexetal.












Contacontos en holandés! "Sssst! We webben een plan!"

Recibir as familias aporta un plus que non podemos transmitir con palabras. A ilusión de recibir os pais e as nais dos compañeir@s respírase polos pasillos. E cando ven a familia holandesa pois aínda mola mais!! Moitísimas grazas por contarnos este conto en holandés e con tradución simultánea! Encantounos!















Obradoiro de pulseiras Kumihimo con Nieken

Hoxe veu Nieken aprendernos a facer pulseiras Kumihimo de orixen xaponés. Poder contar coas familias sempre é un luxo! As manualidades teñen o poder de amansar fieras pero neste caso algúns colapsaron con tanto fío... Grazas Nieken!