Fai uns aniños o colexio fixo unha labor impresionante cunha recollida de vocabulario propia da nosa zona. O famoso dicionario Palabras de Noso. Palabras galegas recollidas polo alumnado do CPI de Navia de Suarna na comarca dos Ancares, Terras de Burón (A Fonsagrada), Valdeferreiros (Ibias) e na montaña lucense en xeral.
Pois como nos gusta moito, decidimos darlle unha volta para traballalo de novo co alumnado e arrancamos unha nova sección: #Digocholeu! Esperamos que vos guste!
Ningún comentario:
Publicar un comentario