Este ano quixemos render homenaxe as mulleres que fixeron historia, nun momento no que a muller pouca autonomía tiña, facendo mostran de grande valentía e superación.
Moitas delas son aínda hoxe en día motivo de inspiración para as máis atrevidas que non dubidan en dar a volta ao mundo para seguir os seus soños. Porque daquela coma agora, a sociedade segue a pensar que unha muller soa non pode viaxar.
Moitas delas son descoñecidas ou esquecidas pola historia e sen embargo viaxaron, descubriron cousas, investigaron e foron protagonistas de moitas aventuras perigosas e incribles. Romperon estereotipos da época, algunhas perderon a posibilidade de ter familia pero nunca se renderon.
Cada titoría fixo unha pequena homenaxe decorando a porta da súa aula e compartiron cos demais o que descubriron.
Ningún comentario:
Publicar un comentario