Este curso as Letras Galegas foron celebradas da mellor forma que sabemos facer!
Con unha super festa!
Tivemos a gran sorte de vivir o éstreno do novo libro "Monstr3s" de Laura Parrula e Óscar Villán. Só podemos dicir que este libro molaaa moito pero aínda mola máis descubrir como se fai un libro da man da autora e editora e do ilustrador. Mil grazas aos 2 por vir compartir un momento tan especial.
Fixemos un almorzo saúdable para celebrar a inauguración da Biblioteca
E logo houbo xogos tradicionais e multiculturais na praza do pobo e no parque. Descubrimos os bolos naviegos da man de Antonio e dos usuarios da residencia.
Fixemos unha comida conxunta coa comunidade educativa e rematamos o día con monicreques.
creques!
Ningún comentario:
Publicar un comentario