xoves, 8 de xuño de 2023

O AVÓ TEO

Apareceu polo centro un avó moi moi interesante! O avó Teo, seica foi de O Vilar, na parroquia de Son, e que emigrou a Australia  aló polos anos 50. Houbo unha campaña de contratación de españois que chamaron "Operación Canguro". Teo que leva toda a vida traballando polo mundo, decidiu volver e compartir cos nenos do cole as súas historias! Por agora sabemos que o seu primeiro destino foi Oceanía! Prometeu volver prontiño e xa estamos traballando para darlle unha sorpresa e que vexa que buscamos un montón de información sobre Oceanía.













Ningún comentario:

Publicar un comentario