domingo, 8 de outubro de 2023

SETEMBRO ARRANCA CON DÚAS MULLERES DAS NOSAS!

 Setembro arrancou cunha proposta da Furgoteca: traer a dúas mulleres con raíces naviegas e as dúas escritoras cada unha no seu estilo. 



ESCRIBIR PARA NON ESQUECER con LUCÍA RODRÍGUEZ

Recibir alguén de aquí é un luxo, pero recibir unha antiga alumna é un orgullo. Lucía chegou cunha mestura de nervios e de emoción. Lucía marchou pequeniña pero nunca esqueceu as palabras da súa avoa, da contorna de Ancares. Cando tivo que facer un traballo de fin de carreira tivo claro que quería que servira para algo. E arrancou un precioso proxecto: O Argueiro dos Ancares. 

Con Lucía falamos das nosas palabras que fan resonancia no fondo dos nosos corazóns.













O rematar con Lucía o alumnado realizou un pequeno caderno con Paula da Furgoteca para poder apuntar tamén esas palabras que tanto nos gustan.






POESÍA, MULLER, MONTAÑA con BEATRIZ DOURADO


Beatriz chegou coa súa voz suave que case case xa parecía unha poesía e foi conquistando o alumnado que non é especialmente receptivo a ese xénero. Falamos de mulleres, de mulleres da montaña e para rematar de mulleres que escriben poesía na montaña. Pouco a pouco descubrimos esa mirada poética que Beatriz aseguraba que tiña a xente de Navia. Rematamos facendo un poema colectivo que quedou ben bonito. 



















E como non podía ser de outra maneira, Paula realizou o caderno co alumnado de Infantil que non dubidou en encher as páxinas con debuxos poéticos!! 














Ningún comentario:

Publicar un comentario