Recibir un premio sempre fai ilusión, que o reciba Nerea aínda máis porque xa vemos nela a muller comprometida e loitadora que vai ser. Pero o premio real é que poidamos darlle voz as mulleres vítimas de violencia no rural. Foi a ocasión de recalcar a falta de un CIM, un centro de información da muller, na montaña lucense. Sen ter que desprazarse ata Lugo para informarse ou pedir axuda. Non pode ser que no 2023 non teñamos un sistema discreto que se poidan desprazar ata os concellos por petición dunha muller. As bibliotecas tamén serven para isto!
Compartimos o discurso de Nerea e o dado pola profesora acompañante. Premede na imaxe se queredes ampliar.
Tamén queremos felicitar o traballo realizado polo alumnado da ESO en colaboración coa biblioteca que trasladou a historia de Pepe e Pepa a un formato de banda deseñada! Deu moito traballo facelo pero quedoulles superchulo!












Ningún comentario:
Publicar un comentario