xoves, 8 de xuño de 2023

LETRAS GALEGAS 2023

Este curso as Letras Galegas foron celebradas da mellor forma que sabemos facer!
Con unha super festa! 







 

Tivemos a gran sorte de vivir o éstreno do novo libro "Monstr3s" de Laura Parrula e Óscar Villán. Só podemos dicir que este libro molaaa moito pero aínda mola máis descubrir como se fai un libro da man da autora e editora e do ilustrador. Mil grazas aos 2 por vir compartir un momento tan especial.  


















Fixemos un almorzo saúdable para celebrar a inauguración da Biblioteca


 


E logo houbo xogos tradicionais e multiculturais na praza do pobo e no parque. Descubrimos os bolos naviegos da man de Antonio e dos usuarios da residencia.












Fixemos unha comida conxunta coa comunidade educativa e rematamos o día con monicreques.












creques! 

 



PRESENTACIÓN DO LIBRO "MONSTR3S"

Hoxe tivemos un super día no cole e especialmente na biblio. Tivemos a gran sorte de vivir o estreno do novo libro Monstr3s de Laura Parrula e Óscar Villán. Só podemos decir que este libro molaaa moito pero aínda mola máis descubrir como se fai un libro da man da autora e editora e do ilustrador. Mil grazas aos 2 por vir compartir un momento tan especial. Aproveitamos para facer un almorzo saúdable en honor a inauguración oficial da biblio! Grazas a nosa asesora Bea por vir conpartir este momento con nós! Momento bonito que esperamos repetir pronto ☺️





















 

Contacontos coa familia e os profes

A primeira sesión de contacontos pola Igualdade foi cunha versión ilustrada e adaptada do libro "Invisible" de Eloy Moreno. Retomamos con parte do grupo que iniciou este proxecto e foi un pracer compartir este momento con elas.

 






Vanesa apareceu por sorpresa e non podía marchar sen contar un conto!

 











María deixounos abraiados contando 3 contos con sesión de relaxación incluída!!


 




Isa e "A meniña furacán e o meniño esponxa" pasaron para deixar unha chea de risas. Quen será a nosa meniña furacán? O noso meniño esponxa?

Isa e o pantasma das bragas rotas deron moito meedooo... ou risa??

Que pasa si metemos o conto de Guapa nunha caixa negra?? A profe Sabela deulle unha volta ao reto e hoxe contounos o conto con luz negra. Foi un momento máxico. Grazas Sabela!

O avó Teo veu acompañado de Pepuka para celebrar o Día contra a Violencia de Xénero. 

Estefanía, a nai de Waleid, veu contarnos "Besos para papá" e descubrimos que había un montón de besos: de xirafa, de koala... Grazas por vir!!

Carlos, o pai de Ana, chegou con acento andaluz para compartir un conto galego! Super momento!

Iván, o pai de Marlen e Marco, veu visitarnos e foi moi chulo telo aquí. 

María e Topito triunfaron

Sonia, a nai de Iker, chegou acompañada dunha banda de piratas que tardou moito en chegar!

Isa e o Día da Paz co libro "Con Tango son tres"