venres, 7 de novembro de 2025

Exposición "Argallando con fíos"







Rebuscando nas nosas casas, atopamos verdadeiros tesouros! Arrancou unha exposición preciosa a que todo o mundo está convidado a vir ver e participar nela! 
























































Voluntari@s en acción!

Xa temos voluntari@s na biblio!

Este ano temos un equipo de voluntari@s cheos de ganas. Todo empezou cun anuncio...


e moi pronto nos vimos desbordados pola resposta! Así que tivemos que poñer un pouco de orde e organizalo de maneira lóxica... Os de 5ºEP e 6º EP son os responsables dos equipos que se organizan. Temos varios equipos: 

  • o equipo da radio que vai participar moi activamente no proxecto competencial dos maiores.

  • o equipo de lectura "hora do conto" que vai ler contos aos de Infantil, tanto na aula como no recreo.
  • O equipo de lectura aos avós: este equipo vai facer unha visita a residencia.
  • O equipo da decoración que vai adornar a biblio para cada ocasión
  • O equipo do orde que vai ter a tarefa moi moi complicada de manter un mínimo de orde na biblio!
  • O equipo de préstamos e devolucións que vai estar a cargo dos máis maiores.

O 2025-2026 vai de fíos!

 Empezamos un novo proxecto! 

De todas as ideas que pasaron pola nosa mente, a de argallar con fíos pareceunos a máis acertada. O nome foi elixido polo noso alumnado e a verdade que nos pega moito! Pero que se esconde detrás deste nome? Pois as ganas de volver a conectar con uns oficios que sempre foron infravalorados: as costureiras e as tecedoras. Todos temos o recordo nas nosas retinas, das mulleres cosendo ou tecendo roupa para toda a familia. Unha tarefa máis das múltiples que facían. Que mellor maneira de renderlles unha homenaxe que darnos conta de todo o esforzo que hai detrás. Así que este curso imos xogar cos fíos: costura, la, macramé, arte con fíos e un montón de ideas que iran surxindo pouco a pouco! E a primeira cousa vai ser unha exposición con cousas de toda a comunidade educativa. 

Arrancamos este proxecto que seguro vai ser máxico. 

martes, 8 de outubro de 2024

Novo curso, novo proxecto!

 Este ano temos un proxecto moi especial!


O final de curso veu un amigo de Tina visitarnos. Milo é biólogo mariño e gustoulle moito o noso cole, así que decidiu pasar unha temporada connosco! 


 Xa que imos ter por aquí, Tina decidiu que quería aprender cousas do mar e pediulle a Milo que nos puxera retos! 

E como non todas as clases aceptaron ser retadas!! 




Este ano vai ser moi moi interesante e seguro que imos aprender moitas cousas coa axuda de Milo! Que por certo, creo que vai traer uns amigos próximamente!