Este ano para celebrar o Día das Linguas Europeas fixemos varios xogos moi divertidos e tamén descubrimos a novas linguas
O reto do Día das Linguas Europeas vai vento en popa... e anda revolucionando o cole!
Setembro arrancou cunha proposta da Furgoteca: traer a dúas mulleres con raíces naviegas e as dúas escritoras cada unha no seu estilo.
ESCRIBIR PARA NON ESQUECER con LUCÍA RODRÍGUEZ
Con Lucía falamos das nosas palabras que fan resonancia no fondo dos nosos corazóns.
POESÍA, MULLER, MONTAÑA con BEATRIZ DOURADO
Beatriz chegou coa súa voz suave que case case xa parecía unha poesía e foi conquistando o alumnado que non é especialmente receptivo a ese xénero. Falamos de mulleres, de mulleres da montaña e para rematar de mulleres que escriben poesía na montaña. Pouco a pouco descubrimos esa mirada poética que Beatriz aseguraba que tiña a xente de Navia. Rematamos facendo un poema colectivo que quedou ben bonito.