A reunión de marzo tivo un obxectivo ben claro: repetir a experiencia do teatro! Despois do éxito de Daniela Pirata quixemos seguir coa aventura do teatro e realizamos unha adaptación da obra "A consulta da doutora". Eliximos unha obra moi divertida e próxima. Empezamos coas primeiras lecturas e adaptacións.
E como non, o profesorado contaxiouse e decidimos facer algo tamén pola nosa conta co alumnado da ESO. Antonio, o profesor de galego, escribiu unha obra moi chula facendo un repaso dos autores das Letras Galegas. Houbo moitas risas en ámbolos grupos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario