domingo, 2 de xullo de 2023

Un Club adicado ao teatro? Unha utopía ou unha realidade?

Como xa volo contamos na páxina do Club O Semilleiro das Follas Bracas, ao empezar o mes de xaneiro estivemos pensando no seguinte Club de lectura e de repente tivemos unha idea un pouco loca... E si facíamos unha obra de teatro de cara ao entroido? Estivemos buscando unha obra curta e divertida, pensando en que o noso club está formado por nenos de diferentes idades pero non demos atopado nada que nos convencera. Pero despois de pensalo tivemos coma unha revelación! E si facíamos unha adaptación do libro "Daniela Pirata"?  Ana púxose a escribir un guión que fomos transformando ao longo dos ensaios e así arrancou unha aventura moi fermosa no que aprendemos a responsabilizarnos (no medio dos ensaios, media tripulación abandonou a obra), a controlar os nosos nervios, a realizar un decorado rebuscando e imaxinando como ía ser e sobre todo a ser compañeiros. 

Non podemos estar máis orgullosas do resultado e do valente que foi a tropa máis pirata de Navia! 

Daniela Pirata: obra de teatro





E chegou o día da representación! Éxitazo do equipo dos piratas!! Parabéns a tod@s!! 













Ningún comentario:

Publicar un comentario