FLORA
GALEGA ORIXINARIA DE OCEANÍA
Desde o departamento
de Lingua Galega e Literatura fixemos un estudo de tres árbores ou plantas moi
comúns a día de hoxe na flora galega, o eucalipto, o kiwi e a acacia, pero que
teñen a súa orixe no continente oceánico.
Os alumnos de 4º
da ESO fixeron un estudo sobre o eucalipto, desde a súa orixe en
Oceanía, a súa chegada a Galicia a mediados do século XIX, o tamaño que pode
chegar a alcanzar os 90 metros, o auxe industrial do que goza coa produción de
pasta de celulosa para a industria do papel, as súas propiedades curativas,
(especialmente para as conxestións nasais, infeccións na garganta, tos,
arrefriados...) ou o seu impacto ambiental e a acidificación do solo que produce.
Os alumnos de 3º
da ESO estudaron o kiwi, desde a súa orixe en Nova Zelandia ata a
primeira plantación en solo galego, concretamente no concello do Porriño a
mediados da década dos 70 e a súa posterior expansión por todo o territorio
galego ata o punto de ser, a día de hoxe, a comunidade que máis kiwi exporta do
estado español. Tamén se trataron as súas propiedades nutricionais e saudables.

Por último, os
alumnos de 1º da ESO fixeron un estudo sobre a acacia, a súa
orixe en Oceanía, onde son parte dominante da vexetación, investigamos tamén os
máis de 1000 tipos de acacias existentes.
As súas propiedades curativas, especialmente das enfermidades
dixestivas, o uso que se lle daba á súa madeira, chegando a empregarse para a
construción de embarcacións, estatuas e mobles.